← Servizos do estudo

IA

Copiloto ou asistente a medida

Un axudante que coñece os vosos documentos, responde con límites e escala a un humano. Para un comercio que contesta sempre o mesmo, ou para unha empresa mediana cunha base de procedementos. Non é un chatbot xenérico público.

Que facemos

  • Soporte, comercial ou operacións: o traballo concreto definímolo xuntos.
  • Respostas ancoradas na vosa base (documentos, CRM, tickets).
  • Modelo no servidor. Residencia UE ou GPU propia se aplica.
  • Gardarraís e escalado humano. Medición de calidade, non só “parece listo”.
  • Canal que xa usades: web, correo ou o que acordemos.

A quen vai dirixido

Equipos que contestan sempre o mesmo — mostrador ou back-office — e queren un axudante con perímetro, non un experimento.

Isto non é unha categoría oficial de Red.es. Se encaixa en Kit Digital ou Kit Consulting, encaixámolo aí. Se non, é encargo do estudo. Plataformas dixitais, IA e automatización.

Valoración gratuíta

Contactar